porrigalia

Vikingos

Civilización Vikinga


Vikingo é o principal nome dado aos membros dos pobos nórdicos orixinarios de Escandinavia, famosos polas súas incursións e pillaxes en Europa. Dependendo do contexto e da interpretación do autor, pode usarse o nome para referirse aos incursores desta procedencia ou aos seus países de orixe. A metonimia levou a que o nome se siga usando aínda hoxe en día de forma coloquial para referirse erroneamente aos países escandinavos. A súa lingua era o antigo nórdico.

Aínda que existen referencias vagas a pobos xermanos do mar Báltico e Escandinavia nas fontes romanas, os seus ataques e a súa aparición na escena política europea cobran relevancia co saqueo do mosteiro de Lindisfarne (793) no norte de Gran Bretaña, ao que pronto seguiron ataques a outros mosteiros. Os anais e crónicas dos dous séculos seguintes están repletos de relatos aterradores. O seu actuar violento aterrorizou ás antigas comunidades, que, aínda que afeitas á guerra, non tiñan forma de prever cando habería unha incursión e sufrían unha carencia de poderes fortes nos comezos da Idade Media. Estes ataques sumados aos dos húngaros e ávaros, á presión de pobos eslavos en Europa Oriental e á dos árabes no Sur foron tanto causa como consecuencia dun período de inestabilidade que favoreceu a descentralización política do feudalismo.

Durante os séculos seguintes, os viquingos e os seus descendentes tiveron gran influencia na historia europea. Nas illas británicas gobernaron durante moitos anos ata ser finalmente derrotados polos normandos, descendentes de viquingos que recibiran terras en Normandía (Francia). En Italia fundaron o reino normando de Sicilia e mesmo chegaron a influír coas súas incursións no Califato de Córdoba e no Imperio Bizantino. A través dos ríos do norte interviñeron repetidas veces no mar Báltico e en Rusia, cuxos primeiros estados (a Rus de Kiev) aparecen vinculados a aventureiros vikingos.

Vestimenta

Vestimenta


O vikingo, na súa casa, leva un pantalón que é ben longo e con certo voo, como o noso de hoxe día, ben cinguido como un pantalón de esquí, ou ben baleirado como os calzones de zuavo de non fai moito (depende das zonas), por encima duns calzóns longos de la. Cóbrese o torso cunha camisa ampla que chega ata media coxa e que se entalla cun cinto de coiro, ás veces realzado con placas de bronce decoradas. Pode levar igualmente unha especie de camisa de pescozo cadrado e mangas longas.

Na cabeza, un gorro de feltro ou la, ou un chapeu de feltro que podía ser de diversos tipos. Nos pés, zapatos feitos dunha única peza de coiro ingeniosamente dobrada, reforzada ás veces cunha sola e atada ao redor do nocello cun cordón enrolado. Nas mans, grosas manoplas de la ou feltro. En ocasións o pantalón é amplo e un pouco encartado, un pouco ao estilo dos pantalóns de golf. Por encima da camisa, unha especie de capa de tecido dunha soa peza, sen mangas, fixada por encima do ombreiro dereito ou xustamente diante deste, mediante un deses broches ovalados que os arqueólogos atoparon en grandes cantidades. Esa capa deixa libre o brazo dereito, que debe poder coller facilmente a espada colgada no lado esquerdo da cintura. Deste xeito, o faldón libre pode engancharse no broche cando quen o leva quere montar dacabalo. En xeral conserva toda a barba, aínda que isto non é obrigatorio. Non desdeña trenzarse a barba, e gústalle coidar con esmero a súa longa cabeleira, ao contrario do que moitos pensan, debido ás imaxes estereotipadas que nos chegaron ao longo da historia destas xentes. Observouse, que a súa vestimenta, no referente aos seus elementos principais, ten moita afinidade coa dos lapones dos nosos días. A muller vístese tamén de modo bastante práctico. A roupa interior, na súa acepción moderna, é descoñecida.

O vestido principal é un longo, de manga de diversa lonxitude, de la plisada, que pode abrirse sobre cada un dos seos, ao estar case sempre en cinta durante o seu período de fecundidade, para permitir a lactación do bebé. Ese xesto é posible grazas a dous broches ovalados ou redondos, idénticos e moi a miúdo fermosos e artísticos, eventualmente de metal precioso e traballado. Por encima deste vestido, leva unha especie de delantal feito dunha peza de valioso tecido, rectangular e bordado, ou ben dunha peza, ou ben de dúas faldones simétricos, ou tamén susceptible de dar toda a volta ao corpo. A este delantal están enganchados, á altura do peito esquerdo, os accesorios indispensables para a costura. Os brazos están adornados con pulseiras, moi a miúdo xoias de gran calidade. Os cabelos, trenzados ou en cola de cabalo, ou recolleitos nun moño, están protexidos de ordinario cunha peza de tea, unha especie de fular anudado na caluga. É a maneira distintiva dunha muller casada. Existe tamén un gran chal sostido na parte alta do peito por un broche ou fíbula, moda que podería ser de orixe bizantino, como outros moitos outros trazos dunha cultura que estivo constantemente en relación coa cidade imperial polo itinerario comercial chamado “A Ruta do Leste”, e que pode ser amplo, terminado, nese caso, en punta nas costas, ou axustado.

Exemplos de vestimenta desta civilización

Máis Civilizacións

Formulario de contacto

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa política de cookies, pique a ligazón para maior información.

PECHAR