porrigalia

MOJINOS ESCOZIOS

Venres 20 de xullo,ás 22:30 h.
Na avda. Domingo Bueno
Entrada de balde

 

Semos los Mojinos Escozios "los más grandes"


Mojinos Escozios empeza a xira 2018 con mais forza que nunca, xira denominada “Os mais grandes”.

Con 21 anos de carreira profesional e con 16 discos editados, con máis de 2 millóns de copias vendidas dos seus discos e máis de 1.500 concertos ás súas costas, Mojinos Escozios son, sen dúbida, un grupo cunha carreira das máis estable do panorama musical español, unha carreira que traballáronse creativamente, rindo e innovando, e que lles mantivo en primeira liña durante 21 años.

Editaron un disco cada ano, sementaron fans, recolleron discos de ouro e de platino e sobre todo, ofreceron grandes concertos. Os directos de Mojinos Escozios non deixan a ninguén indiferente, é un grupo que chega a todo tipo de públicos e idades, conseguiron facer humor mentres fan bo rock, ironizando, sempre con moito respecto, sobre a actualidade social que lles envolve. Concentran nos seus show’s delirantes unha gran calidade musical, onde hai sitio para o rock, o humor, crítica social e boas armonías.

Poderíanse nomear moitos temas de gran popularidade ao longo da súa carreira, como: Mi jefe, Que Güeno que Estoy, Semos las niñas del colegio de la Salle, temas que se converteron en grandes hits para sempre.

Mojinos Escozios tamén foi un grupo pioneiro en moitas das súas accións: promocionando discos a través de gags humorísticos ao Benny Hill ou sendo o primeiro grupo que editou os seus CD’s acompañados dun DVD.

 

Formulario de contacto

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa política de cookies, pique a ligazón para maior información.

PECHAR