porrigalia

Galos

Civilización Gala


As orixes dos pobos galos son difíciles de datar porque na Galia non había unha unidade política nin territorial; máis ben estaba formada por diferentes tribos que coexistiron durante a Idade de Ferro e que desapareceron coa conquista romana.

Os habitantes das Galias, os galos, coñecían a existencia e o poder dos romanos e en xeral evitaban calquera contacto con eles. Eran agricultores e granxeiros que defendían firmemente aos seus campos e ao seu rei. Guerreiros temibles, pero sen afán de expansión.

Os seus sacerdotes recibían o nome de druídas. E o seu costume era fabricar e beber cervexa, o que os romanos nin entendían nin aprobaban, afeccionados como eran ao cultivo da viña. Altos e fornidos, louros ou pelirroxos e de ollos azuis ou grises, para os romanos, os galos eran bárbaros, pobos con costumes completamente diferentes. Pero tiñan unha civilización adiantada e un gran comercio establecido.

A Guerra das Galias comprendeu unha serie de oito campañas anuais, dende o 58 ata o 51 a.C., realizadas polas lexións romanas comandadas por Xulio César contra os pobos galos, e que permitiron á República Romana anexionar todo o territorio da Galia, e mesmo algunhas partes da Xermania.

No ano 58 a.C. Xulio César recibiu poderes para gobernar a Galia Transalpina, no actual sur de Francia, durante 5 anos; no canto de realizar un mandato rutineiro, iniciou esta guerra para conquistar a Galia Cabeluda. Tratábase dun territorio chairo, con grandes bosques e moitos recursos agrícolas por explotar; e os romanos sabían que as tribos celtas que a habitaban pelexábanse entre elas continuamente.

Xulio César alí dirixiuse coa escusa de que debía socorrer a unha tribo aliada de Roma, os eduos, que foran invadidos polos belgas. Con todo, unha vez alí, decidiu quedar coas suas seis lexións. Isto provocou a inquietude dos galos e o inicio das loitas cos romanos.

Vestimenta

Vestimenta


Na Galia central vivían os galos (pertencentes ao basto pobo celta), que eran xente de pel e ollos claros e con longos cabelos, que acostumaban levalos soltos ou ben anoado en trenzas. Era común que se deixasen longo o bigote, nos xefes sinal de distinción, e barba.

Os homes vestían pantalóns, túnica curta con mangas, manta de lá, e no inverno capa de peles.

As mulleres lucían túnica longa e, como abrigo, unha manta cadrada de lá grosa fixada sobre o ombreiro cun broche. A túnica caía en suaves dobras axustada por un cinto colocado debaixo do peito.

En xeral vestían cores vistosas e esta característica, xunto coa barba e o pelo longo, eran proba da barbarie que este pobo representaba para os romanos.

Gustáballes usar alfaias -colares, brazaletes, diademas, peitorais, fibelas, etc.-, polo xeral de bronce, pero tamén de ouro. Sabían forxar moi ben os metais, como o proban, ademais das xoias, os cascos e as espadas dos guerreiros.

Os guerreiros galos utilizaban espada longa, un escudo oblongo de grandes dimensións, longas picas e unha especie de xavelina chamada madari. Cubríanse de ouro e adornábanse con torques.

Os sacerdotes vestían ampla túnica e capa de cor branca.

O calzado era sinxelo, de tipo mocasín ou sandalias que se ataba ao pé con correas. Tamén botas de coiro sen curtir.

Exemplos de vestimenta desta civilización

Máis Civilizacións

Formulario de contacto

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa política de cookies, pique a ligazón para maior información.

PECHAR