porrigalia

DEABRU BELTZAK: LES TAMBORS DE FEU

Domingo 22 de xullo,ás 22:00 h.
Praza Arq. Antonio Palacios

 

Unha viaxe ás orixes da tradición


Aker o diaño do akelarre deambula polas rúas. El e o seu séquito de percusionistas percorren pobos e cidades. Un espectáculo de música en directo, pirotecnia e grandes efectos especiais. Cunha man nun tambor e a outra na provocación, xorde a nova proposta de Deabru Beltzak.

Deabru Beltzak Teatro de Rúa, nace en 1996 da man de actores e actrices de diferentes grupos profesionais do País Vasco. Desde entón, realizaron 15 montaxes, máis de 3.000 representacións, 80 eventos de encarga, 50 direccións de festas urbanas e cooperaron con máis de 35 de compañías teatrais de todo o mundo.

Colaboraron con: Gobierno Vasco, Ministerio Español de educación cultura y deporte, Ayuntamiento de Bilbao (área de cultura), Gouvernement du Québec, Moulin Fondu, Le Fourneau, Leioako Umore Azoka, Fest’Arts Libourne, Fira de Teatre de Tàrrega, Arriola Kultur Aretoa, Chalon dans la Rue, Lekeitio Nazio Arteko Kale Antzerki Jaialdia, Portal 71, Diputación Foral de Bizkaia… Traballaron en 5 continentes e en máis de 35 Países, conseguindo ser a compañía máis internacional do País Vasco.

O seu primeiro espectáculo, Les Tambours de Feu, integraba xa todas as características que definen a Deabru Beltzak: o traballo en equipo, o movemento, un novo uso da rúa, a percusión, a relación directa co público e, sobre todo, moita enerxía e ilusión.

Con este primeiro espectáculo a compañía fixo nada menos que 800 representacións por todo o mundo (en Francia, Alemaña, Colombia, Venezuela, Bélxica, Brasil, Canadá, Luxemburgo, México, Suíza, Cabo Verde, Italia, Portugal, Croacia, Polonia ou Inglaterra), cultivando un gran éxito tanto no estado como no ámbito internacional.

Deabru Beltzak convertiuse así na compañía vasca de maior repercusión internacional.

 

Formulario de contacto

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa política de cookies, pique a ligazón para maior información.

PECHAR