Programa

 

Venres, 20 de xullo. 2018


21:00 h. DESFILE DA GARDA PRETORIANA
Desde a Capela de San Sebastián ata praza Arq. Antonio Palacios

AO REMATAR O DESFILE. ACESO DO PEBETEIRO POR PARTE DA ATLETA PORRIÑESA CARLA GUISANDE VIEITO
E ANIMACIÓN: “OS GARDIÁNS DE ENT”

Praza Arq. Antonio Palacios

22:30 h. CONCERTO: LOS MOJINOS ESCOZIOS
Rúa Domingo Bueno

Sábado, 21 de xullo. 2018


11:00 h. ANIMACIÓN DE RÚA: ISLA LE TRISKA
Praza Arq. Antonio Palacios

11:30 h. EXHIBICIÓN DE CETRERÍA
Parque Infantil

12:30 h. DESFILE DA GARDA PRETORIANA
Desde a Capela de San Sebastián ata praza Arq. Antonio Palacios

AO REMATAR O DESFILE. ANIMACIÓN DE RÚA: ISLA LE TRISKA
Praza Arq. Antonio Palacios

De 14:00 h. a 18:00 h. GRUPO BATUCADA OS QUEIMATASAS E CHARANGA NOVA JOMADA
Polas rúas do Porriño

18:00 h. EXHIBICIÓN DE LOITAS E XOGOS
Praza Arq. Antonio Palacios

De 18:00 h. a 21:00 h. PEKEGALIA E BEBEGALIA
Fronte á igrexa de Santa María do Porriño

19:30 h. EXHIBICIÓN DE CETRERÍA
Parque Infantil

20:00 h. FESTICULTORES TROUPE
Polas rúas do Porriño

22:30 h. CONCERTO: SES
Rúa Domingo Bueno. Deputación de Pontevedra, Ano da Lingua / Musigal

Domingo, 22 de xullo. 2018


12:00 h. ANIMACIÓN DE RÚA: PABLO TRASNO
Praza Arq. Antonio Palacios

12:30 h. EXHIBICIÓN DE CETRERÍA
Parque Infantil

De 14:00 a 18:00 h. BATUCADA BATE NO COBRE E CHARANGA NOVA JOMADA
Polas rúas do Porriño

De 17:30 h. a 20:30 h. PEKEGALIA E BEBEGALIA
Fronte á igrexa de Santa María do Porriño

18:00 h. EXHIBICIÓN DE LOITAS E FINAIS DOS XOGOS
Praza Arq. Antonio Palacios

19:30 h. EXHIBICIÓN DE CETRERÍA
Parque Infantil

20:00 h. ANIMACIÓN DE RÚA: O ESTAFADOR
Polas rúas do Porriño

22:00 h. ESPECTÁCULO DE CLAUSURA E LUME. DEABRU BELTZAK: LES TAMBORS DE FEU
Praza Arq. Antonio Palacios

Concertos

 

MOJINOS ESCOZIOS

Venres 20 de xullo, ás 22:30 h.
Na avda. Domingo Bueno
Entrada de balde

+ info

SES

Sábado 21 de xullo, ás 22:30 h.
Na avda. Domingo Bueno
Entrada de balde

+ info

Espectáculos

 

Deabru Beltzak

Espectáculo de clausura e lume
22 de xullo, ás 22:00 h.
Plaza Arq. Antonio Palacios

+ info

Civilizacións

 

Xogos

 

Desde moi cedo na historia da humanidade; lanzar, correr, saltar, loitar, foi unha premisa fundamental; vivir, subsistir. O traballo dos atletas fixo que a evolución destas disciplinas se realizara de forma vertixinosa desenrolando nos nosos antecesores os hábitos e habilidades que caracterizan á humanidade do noso tempo. Medir as súas forzas, comparalas coas súas semellantes, vencer na batalla, foi unha actividade diaria. Para iso preparábanse, dedicaban esforzos; niso lles iba en ocasións a vida ou a morte. As primeiras manifestacións competitivas rexístranse na antiga Grecia e agora chegan a O Porriño.

TIRO DE CORDA

Entre 6 e 8 persoas por equipo (dependendo do número total máximo de cada agrupación), tiran dunha maroma, gañando o que mais tire.

TRAGABOLAS

Unha persoa de cada equipo vai deitada sobre unha “plataforma” con rodas e un cesto/caldeiro na man, agarrada polos pes doutra persoa do se equipo que movendo para adiante e atrás ten que acadar recoller o máximo número de bolas do espazo central.

CARREIRA DE OVOS

Unha persoa de cada equipo cunha cabeza con forma de pito, levando entre as pernas un ovo, terá que encestalo no “niño” e darlle o relevo a outra persoa do seu equipo. Gaña quen leve mais ovos no tempo estipulado.

TRES EN RAIA

Márcase no chan a cuadrícula, e cada persoa de cada equipo, ten que ir correndo a por a súa ficha, volvendo a saída para dar o relevo (ou non, dependendo da cantidade de persoas que xoguen), gañando o primeiro equipo que consiga facer tres en raia.

CANASTA

Unha persoa de cada equipo leva as costas un cestón e o reto teñen que acadar encestarlle, pódese adaptar a facer unha segunda volta para facer ao contrario, que lancen os do outro equipo e gaña o que menos bolas recolla.

PUNTERÍA

Lanzamento de bolas contra un obxectivo, sendo unha proba de puntería, adaptable ao número de participantes e tempo regulado.

TIRO DE MENHIR

Tres persoas cunha media metida na testa cun peso o fondo teñen que derribar menhires, gañando o equipo que o faga en menos tempo (equipo por equipo).

SERPE DE GLOBOS

Dúas persoas de cada equipo cun globo entre elas, teñen que facer un percorrido sen que caia o globo, o chegar ao final, sumaráselle outra persoa e así en cada volta ata o número que se estabeza. Gaña o equipo que o faga antes.

Moito máis

 

PEKEGALIA E BEBEGALIA

Un espazo pensado para os máis cativos do lugar, pekegalos e pekegalas, bebegalos e bebegalas.


Sábado 21
De 18:00 h. a 21:00 h.

Domingo 22
De 17:30 h. a 20:30 h.


Fronte á igrexa de Santa María do Porriño.

DEMOSTRACIÓN DE OFICIOS ARTESANAIS

Mestres especializados en pedra, petróglifos, forxa, cestería, cerámica, coiro e madeira, que compartirán o seu saber e coñecemento coas xentes de Porrigalia e os seus visitantes.


Ao longo das festas


Parque do Cristo.

Participa

 

Formulario de contacto

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa política de cookies, pique a ligazón para maior información.

PECHAR